Comunízate nace das mans das persoas que participamos no curso de Dinamización Comunitaria (CEO 2014), a partir da proposta dunha actividade de clase, e como medio de expresión das inquedanzas do grupo, abrindo así unha porta para as vindeiras xeracións de profesionais que se adiquen a dito oficio.
Actualmente este concepto é descoñecido para moitas persoas, a pesar de que con frecuencia é mencionado por moitos/as de nós; polo tanto, unha das nosas pretensións a partir de este Blog, será o de dar a coñecer dita actividade, as disciplinas que a compoñen e os ámbitos de actuación, entre outros.
Parécenos moi importante ofrecer apoio a tódalas persoas da comunidade, e que se produza un feed-back entre tódolos membros da sociedade, articulándonos como figura intermediaria, mediadora e posibilitadora de intercambio de información, recursos e comunicación, para favorecer nexos de unión entre os diferentes grupos sociais.
Este Blog tamén o conforman tódalas persoas que se acheguen a este espazo, para consultar, opinar, aportar ou compartir connosco as suas experiencias relacionadas coa dinamización comunitaria, porque recordade que a mellora da sociedade e cousa de todos e todas.
Hola chicos/@s!! Gracias por haber participado tanto y haber me integrado tan bien, y ánimo que ya queda menos para obtener ese título!! Elisa
ResponderEliminar