Amosando publicacións coa etiqueta FERRAMENTAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FERRAMENTAS. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de xuño de 2014

HOT POTATOES

HOT POTATOES UNHA NOVA FERRAMENTA DE DINAMIZACIÓN NAS AULAS

Hot potatoes é unha ferramenta de autor que está desenvolta polo Centro de Humanidades da Universidade de Victoria (UVIC), en Canadá. Este programa ten varios “programiños” ou uns esquemas predeterminados que se utilizan para a elaboración de diferentes tipos de exercicios interactivos multimedia, como:
  1. -          Preguntas tipo test, de resposta múltiples, cortas, híbridas e multiselección (JQuiz).
  2. -          Exercicios de encher ocos (JCloze).
  3. -          Exercicios tipo crucigramas para traballar unha terminoloxía determinada (JCross).
  4. -          Exercicios de emparexamento ou ordenación (JMatch).
  5. -          Exercicios de ordenación de letras, palabras e fragmentos de texto (JMix).


Hot potatoes tamén inclúe o programa The Masher que permite crear unidades completas de actividades, na que os exercicios poden estar enlazados entre sí e publicar os materiais en Internet.


A través deste programa podemos traballar con el, por exemplo para dinamizar unha clase, facendo que a aprendizaxe de certos contidos se reforzen e sexan moito máis fáciles de aprender.
En internet hai moitos tutoriais para aprender a utilizar esta ferramenta, e desta maneira será moito máis sinxelo aprender a utilizala.