luns, 30 de xuño de 2014
venres, 27 de xuño de 2014
Intocable
Para todos os que aínda non tivestes a oportunidade de ver este fantastico filme, non o dubidedes, aprenderedes moito.
SINOPSIS
Philippe, un aristócrata que se ha quedado tetrapléjico a causa de un accidente de parapente, contrata como cuidador a domicilio a Driss, un inmigrante de un barrio marginal recién salido de la cárcel.
Aunque, a primera vista, no parece la persona más indicada, los dos acaban logrando que convivan Vivaldi y Earth Wind and Fire, la elocuencia y la hilaridad, los trajes de etiqueta y el chándal. Dos mundos enfrentados que, poco a poco, congenian hasta forjar una amistad tan disparatada, divertida y sólida como inesperada, una relación única en su especie de la que saltan chispas. (FILMAFFINITY)
Blog da Biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén
O CEIP Saco e Arce, resultou premiado coa peonza de Prata, na VII edición dos premios Espiral Edublogs, que se realizan para valorar a importancia e repercusión do uso de estas ferramentas a hora de dar apoyo e motivación o alumnado. Resultame moi interesante ver como se involucran neste proxecto, tanto profesores, alumnos e pais.
Nick Vujicic: MOTIVACIÓN
Este video fala da motivación a través do seu protagonista, actor principal da película "El circo de las mariposas", recomendable visionarla, a min cautivoume. A sua historia de vida foi un salto de obstáculos continuos, un ir e vir de desgracias, pero todo é posible de conseguir se se persiste e se cree nelo. A forza de voluntade o é todo, e o espirito de superación axudate a superar a vida da mellor maneira.
POR CUATRO ESQUINITAS....Y POR 5 Y POR 6, 7,....Y POR TODAS
Proxecto piloto de FEAPS en colaboración cun colexio.
Visibilizando as Mulleres
Un dos obxectivos do dinamizador é fomentar e potenciar a participación das persoas no seu entorno.
Un exemplo de traballo en rede que se levou a cabo en Cataluña visibiliza a actuación de 12 mulleres e a súa contribución ao benestar dos barrios e aos dereitos da ciudadanía.
Pareceume moi interesante a iniciativa que podedes consultar no seguinte enlace Rede de Mulleres
Un exemplo de traballo en rede que se levou a cabo en Cataluña visibiliza a actuación de 12 mulleres e a súa contribución ao benestar dos barrios e aos dereitos da ciudadanía.
Pareceume moi interesante a iniciativa que podedes consultar no seguinte enlace Rede de Mulleres
Dinamización de Parques Biosaudables
Hoy hablamos de que en nuestra ciudad hay pocos espacios libres y los pocos que hay no se limpian y fomentan actividades en ellos. Así es como debería ser.
HOT POTATOES
HOT POTATOES
UNHA NOVA FERRAMENTA DE DINAMIZACIÓN NAS AULAS
Hot
potatoes é unha ferramenta de autor que está desenvolta polo Centro de
Humanidades da Universidade de Victoria (UVIC), en Canadá. Este programa ten
varios “programiños” ou uns esquemas predeterminados que se utilizan para a
elaboración de diferentes tipos de exercicios interactivos multimedia, como:
- - Preguntas tipo test, de resposta múltiples, cortas, híbridas e multiselección (JQuiz).
- - Exercicios de encher ocos (JCloze).
- - Exercicios tipo crucigramas para traballar unha terminoloxía determinada (JCross).
- - Exercicios de emparexamento ou ordenación (JMatch).
- - Exercicios de ordenación de letras, palabras e fragmentos de texto (JMix).
Hot
potatoes tamén inclúe o programa The Masher que permite crear unidades
completas de actividades, na que os exercicios poden estar enlazados entre sí e
publicar os materiais en Internet.
A través deste programa podemos traballar con el, por exemplo para dinamizar unha clase, facendo que a aprendizaxe de certos contidos se reforzen e sexan moito máis fáciles de aprender.
En internet hai moitos tutoriais para aprender a utilizar esta ferramenta, e desta maneira será moito máis sinxelo aprender a utilizala.
SPOT 1 para Fundación Edes
Exemplo dunha asociación na que o rural si importa....
Traballa dende o 1999 con persoas con discapacidade física e psíquica por medio dun equipo multidisciplinar que non so busca cubrir o básico senón tamén a insercción laboral, dereitos e acceso a recursos entre outros.
Pensamento grupal "groupthink"
O profesional dinamizador ten que ter moi presente a hora de liderar unha comunidade, e sobre todo no momento de tomar decisións grupais que conleve algún tipo de cambio dentro da estructura da comunidade, que existe unha traba grupal por parte da idiosincrasia da propia comunidade que pode trastocar, xerar conflicto, confusión e mala toma de decisións por parte da propia comunidade.
Pareceme interesante introducir o concepto clásico de Pensamento grupal ou "groupthink" creado por Irving Janis no ano 1972 onde explica de forma científica, apoiado en diferentes experimentos e exemplos moi concretos, de como a toma de decisións dun grupo ou dunha comunidade pode verse afectado polo pensamento grupal.
Pinchade o seguinte link "groupthink", pensamento de grupo., e comentade que vos parece.
DINAMICAS DE PRESENTACION
Cando nos incorporamos a un grupo de persoas descoñecidas sempre se produce ese período de timidez e vergonza a falar, xa que non sabemos a quen nos estamos dirixindo.
Por iso, como dinamizadores comunitarios temos a obriga de coñecer diferentes Dinámicas de Presentación que son básicas para a consolidación do grupo e que axudarán aos membros a aprender os nomes dos seus compañeiros e a coñecer un pouco de onde ven cada quen.
As dinámicas axudan a dinamizar o grupo, a crear un bo clima grupal e a favorecer o aprendizaxe e compartimento de coñecementos.
A continuación podedes ver unha serie de dinámicas de presentación que vos poden ser útiles a hora de traballar con grupos:
As dinámicas axudan a dinamizar o grupo, a crear un bo clima grupal e a favorecer o aprendizaxe e compartimento de coñecementos.
A continuación podedes ver unha serie de dinámicas de presentación que vos poden ser útiles a hora de traballar con grupos:
Alan Watts e o diñeiro

Alan Watts (1915-1973), filósofo británico, así como tamén orientador pedagóxico, editor, locutor, decano, escritor, conferenciante e experto en relixión. É coñecido especialmente pola súa labor como intérprete e popularizador das filosofías de orixe asiático para a audiencia occidental, especialmente o Budismo Zen.
Foi autor de máis de veinticinco libros e numerosos artículos acerca da identidad personal, a verdadeira natureza da realidade, a conciencia do ser humano e búsqueda da felicidade, relacionando a súas experiencias co coñecemento científico e a ensinanza das relixións e filosofías orientales e occidentales.
Un dos seus discursos máis coñecidos e inspirados é o famoso What if the money were no object? (E se o diñeiro non importara?), que engadimos de seguido, vía Youtube:
Un dos grandes obstáculos que encontramos no empowerment ("empoderamento") das persoas con respecto a procura dos seus obxectivos e do tránsito do seu propio camiño é o medo a tomar unha decisión racionalmente equivocada desde unha perspectiva económica, desatendendo así as súas necesidades emocionais, de autocrecemento, de desenrolo persoal. Unha vida sometida á procura de gañar diñeiro sen perseguir os obxectivos que alimenten o corazón, non é unha vida plenamente desenrolada.
E ti, qué farías si o diñeiro non importara?
DEMANDA DA COMUNIDADE
Neste vídeo pódese apreciar, dende una perspectiva lúdico-infantil, como a Globalización afecta e ten causas e consecuencias para a sociedade, e en concreto, como se visualiza neste film, nunha comunidade de mosquiñas.
A partir dos diversos personaxes desta comunidade apreciamos o grandioso imperio económico que ejemplifica os aspectos negativos e positivos dun fenómeno como a Globalización no noso tempo e mundo.
Nesta comunidade tan variopinta pódese ver como una das mosquiñas dase de conta que ten un producto que as demais demandan por riba de tódolos demais. Pouco a pouco se fai cun imperio monopolizado, especulando co seu prezo e xogando coas regras do mercado. O seu negocio está afectando gravemente a vida cotiá da sua comunidade, por iso é conveniente observar con precisión os pequenos detalles.
Un dos obxectivos deste video é o da sensibilización e a reeducación nos valores sociais, tan esenciais na nosa sociedade, por iso creo e considero que é oportuno incluilo neste Blog.
Un exemplo real de empoderamento
Un dos
conceptos centrais no traballo con persoas (e lóxicamente, tamén con grupos e
comunidades) é o de empoderamento (traducción do termo orixinal
"empowerment"). Se ben é un concepto que adoita ser empregado no
contexto de xénero en relación ás mulleres, o termo refírese a un proceso que
pode ser vivenciado por calqueira persoa ou grupo.
Recentemente
tratamos o termo no curso de Dinamización Comunitaria, tratando de definilo e
contextualizalo. Para min, un exemplo claro dun proceso de empoderamento é o
relatado por Lizzie Velásquez, unha muller á que ser obxecto de estigmas polo
seu aspecto físico non lle impediu motivarse e conseguir ser quen quere
ser.
No vídeo
que enlazo a continuación, Lizzie conta a súa experiencia. Persoalmente,
considero que o termo "empoderamento" queda tan ben plasmado que non
require ser definido.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)