Neste vídeo pódese apreciar, dende una perspectiva lúdico-infantil, como a Globalización afecta e ten causas e consecuencias para a sociedade, e en concreto, como se visualiza neste film, nunha comunidade de mosquiñas.
A partir dos diversos personaxes desta comunidade apreciamos o grandioso imperio económico que ejemplifica os aspectos negativos e positivos dun fenómeno como a Globalización no noso tempo e mundo.
Nesta comunidade tan variopinta pódese ver como una das mosquiñas dase de conta que ten un producto que as demais demandan por riba de tódolos demais. Pouco a pouco se fai cun imperio monopolizado, especulando co seu prezo e xogando coas regras do mercado. O seu negocio está afectando gravemente a vida cotiá da sua comunidade, por iso é conveniente observar con precisión os pequenos detalles.
Un dos obxectivos deste video é o da sensibilización e a reeducación nos valores sociais, tan esenciais na nosa sociedade, por iso creo e considero que é oportuno incluilo neste Blog.
Moi interesante e visual a comparativa.
ResponderEliminar