Un dos
conceptos centrais no traballo con persoas (e lóxicamente, tamén con grupos e
comunidades) é o de empoderamento (traducción do termo orixinal
"empowerment"). Se ben é un concepto que adoita ser empregado no
contexto de xénero en relación ás mulleres, o termo refírese a un proceso que
pode ser vivenciado por calqueira persoa ou grupo.
Recentemente
tratamos o termo no curso de Dinamización Comunitaria, tratando de definilo e
contextualizalo. Para min, un exemplo claro dun proceso de empoderamento é o
relatado por Lizzie Velásquez, unha muller á que ser obxecto de estigmas polo
seu aspecto físico non lle impediu motivarse e conseguir ser quen quere
ser.
No vídeo
que enlazo a continuación, Lizzie conta a súa experiencia. Persoalmente,
considero que o termo "empoderamento" queda tan ben plasmado que non
require ser definido.
Nas palabras da propia Lizzie, "deixa de mirar, empeza a aprender".
ResponderEliminarmoi bo exemplo para ilustrar o empoderamento ;)
ResponderEliminarComo non o humor e un gran recurso para tratar e facilitar neste caso un tema tan controvertido como o empoderamento, sobre todo, como é no caso, nun tema individual.
ResponderEliminarExemplo de superación e outro punto de vista de observar os aspectos importantes da vida. Un enfoque diferente para o termo empoderamiento
ResponderEliminar