venres, 27 de xuño de 2014

Alan Watts e o diñeiro



Alan Watts (1915-1973), filósofo británico, así como tamén orientador pedagóxico, editor, locutor, decano, escritor, conferenciante e experto en relixión. É coñecido especialmente pola súa labor como intérprete e popularizador das filosofías de orixe asiático para a audiencia occidental, especialmente o Budismo Zen.

Foi autor de máis de veinticinco libros e numerosos artículos acerca da identidad personal, a verdadeira natureza da realidade, a conciencia do ser humano e búsqueda da felicidade, relacionando a súas experiencias co coñecemento científico e a ensinanza das relixións e filosofías orientales e occidentales.



Un dos seus discursos máis coñecidos e inspirados é o famoso What if the money were no object? (E se o diñeiro non importara?), que engadimos de seguido, vía Youtube:




Un dos grandes obstáculos que encontramos no empowerment ("empoderamento") das persoas con respecto a procura dos seus obxectivos e do tránsito do seu propio camiño é o medo a tomar unha decisión racionalmente equivocada desde unha perspectiva económica, desatendendo así as súas necesidades emocionais, de autocrecemento, de desenrolo persoal. Unha vida sometida á procura de gañar diñeiro sen perseguir os obxectivos que alimenten o corazón, non é unha vida plenamente desenrolada.

E ti, qué farías si o diñeiro non importara?

4 comentarios:

  1. Altamente motivante....moi recomendable para ver e rever de vez en cando...

    ResponderEliminar
  2. Interesante reflexión, sobre todo nunha sociedade globalizada, alineada e neoliberal. Ir contra o sistema é desaparecer... .

    ResponderEliminar
  3. Buena manera de interpretar la realidad, para concienciarse se recomienda revisarlo!

    ResponderEliminar
  4. Que dificil responder á preguna que é o que desexo?

    ResponderEliminar